jueves, 10 de mayo de 2018

REFLEXIÓN FINAL
Pois sí chicos e chicas, parece mentira que xa chegara este momento, moitos agobios, retos, nervios pero agora creo que o vou botar de menos. Este proxecto foi un gran reto para nós porque sería a primeira vez que prepararíamos diferentes actividades para nenos e nenas de Primaria.

Nós, o meu grupo, eleximos a temática de hábitos saludables porque pensamos que era moi importante para poder ensinar aos nenos de Primaria como se teñen que coidar para estar da mellor forma posible tanto físicamente como no mental, para así influír de forma positiva na escola e no ámbito social.

Agora, vendo o traballo final que conseguimos, estou moi orgullosa de como nos quedou e do ben que interpretamos a temática para acercala o máis posible ao alumnado de Primaria e así a través de este proxecto descubrir diferentes programas e técnicas que non dubido que serán moi útiles e importantes para o día de maña.

Quero dar as grazas aos meus compañeiros de traballo que formamos un gran equipo apoyándonos e axudándonos e da maneira que nos organizamos para este proxecto. Cos que non traballei tamén porque aprendín bastante técnicas deles e como non aquelas personiñas que vos interesastes por o noso blogue, espero que vos resultara útil.

Grazas a estes traballos gústame máis esta carreira que estou facendo e con moita ilusión para ser profesora o día de mañá.


REFLEXIÓN FINAL

Bueno, como comezar. Antes de realizar o blogue que estades vendo agora mesmo, os meus coñecementos sobre as novas tecnoloxías eran moi básicos e pobres. Porén, desde que comezamos a elaborar o proxecto tanto as miñas compañeiras coma o profesorado axudoume bastante para aprender cousiñas máis avanzadas, as cales, contribuiron á realización das actividades, do proxecto, ou mesmo do blogue! Todos estes coñecementos apliqueinos tanto nesta materia coma no resto e síntome moi orgulloso de habelas adquido.

O certo é que o traballo en ocasión puido ser algo tedioso, ou agobiante, sobre todo cando se acercaban as presentacións e os exames pero foi bastante gratificante adquirir todos os coñecementos e síntome orgulloso tanto do traballo realizado como de habelo realizado cas miñas compañeiras as cales se portaron moi ben en todo momento e foron bastantes traballadores.

Para rematar, vou botar de menos deixar unha entrada nova neste blogue todas as semanas e coma sempre vos digo, espero que vos gustara esta entrada pero agora, ESPERO QUE VOS GUSTARA ESTE BLOGUE!!!!
PROXECTOS

Moi boas  a todos e a todas!! Benvidos de volta a Celanews!!!! Onte foi un día algo tenso xa que realizamos a exposición sobre a revista escolar dixital, o noso proxecto. Tivemos ao comezo da presentación os nervios de cómo dar paso á presentación pero eu considero que, dentro do que cabe, a exposición do noso proxecto foi bastante boa.

É certo que cometemos erros, sobre todo eu, relacionados con castelanismos ou hiperenxebrismos, porén, o resto da exposición foi bastante fluida e na miña opinión sinxela de seguir.

Antes de realizar a nosa exposición tivemos que estar atentos debido  que o resto de compañeiros e compañeiras de aula tamén tiveron que realizar a exposición dos seus correspondentes proxectos. Trataron temas bastante interesantes, mesmo algúns dos seus proxectos, poderíase dicir que, gardan relación co noso.

En xeral, considero que os proxectos foron bastante bos e estiveron ben presentados na aula, tanto os dos nosos compañeiros e compañeiras coma o noso. 

Para rematar, dicir que estou moi orgulloso de realizar todo este proxecto coa axuada das miñas compañeiras Andrea e Vera, xa que xuntos formamos un grupo de trabalo bastante bo e facer todas as tareas en equipo con elas foi un pracer.

Espero que vos gustara esta opinión sobre os proxectos! Ata a próxima!!!!


REFLEXIÓN FINAL E DESPEDIDA

Chegou o momento da despedida... a verdade é que o tempo pasou voando e aínda que foi un traballo moi duro e a veces demasiado agobiante, agora dame peniña rematar! 

Botando a vista atrás aínda recordo o primeiro día de clase da materia chea de dúbidas, medos e intrigas sobre o que iba ter que facer. Agora, vendoo en perspectiva, estou moi orgullosa do traballo realizado, do esforzo que fixen e de todas as ganas que lle puxen na realización de todo o que se nos pedía. 

Aprendín moitísimas cousas novas que estou segurísima de que me serán moi útiles como mestra de Educación Primaria e tamén no aspecto persoal. Ademais podo dicir que resultou moi efectivo o traballo en grupo e estou moi contenta de como nos organizamos e traballamos formando un moi bo equipo. 

Por último, aínda que non menos importante, quero dar as grazas a todas esas personiñas que nos ledes e que vos interesades polo noso traballo. Espero que vos sexa igual de útil. Botarei de menos escribir no blogue cada semana contando todo o que facemos...pero toca seguir avanzando para ser mestra!! 

Mil grazas por todo e ata a próxima!!! :) 


PROXECTOS 

Olaaa! Qué nervios pasamos onte na aula!! Tivemos que expoñer os nosos proxectos finais de NNTT e unha vez feito a verdade é que quedamos moi contentos. 

Penso que nos explicamos bastante ben e que transmitimos a información que queriamos dunha maneira atractiva, clara e concisa para noso público. Tivemos erros, como é lóxico, pero sabemos aprender de eles para mellorar en próximas ocasións. A verdade eu quedei moi contenta co resultado :)

En canto ás exposicións do resto de compañeiros e compañeiras penso que estiveron bastante ben e trataron temas moi relevantes como son a amizade, o xornalismo, o deporte, etc.

Agora que está todo rematado e que pasaron os nervios podo dicir que estou moi contenta co resultado obtido despois de todo o que traballei tanto individualmente como en grupo cos meus compañeiros Vera e Fran. Foi duro pero mereceu a pena. Espero que a vós tamén vos gustase!

Un saúdo a todos e a todas!!


PROXECTOS EXPOSTOS

Moi boas a todos e todas de novo! Esto xa está casi rematado e teño o interese de explicarvos como vivín un pouco en xeral os diferentes proxectos que publicaron o resto dos grupos na clase de onte.
Foi espectacular o ambiente que se creou e o ben que expoñeron os grupos, xa que practicamos a expresión verbal e non verbal que será fundamental para o noso futuro traballo de profesor ou profesora. Vin unha moi boa actividade para poder soltarnos e practicar.

As temáticas das que se falaron resultaron do meu interese xa que están moito no noso día a día, como son a amizade, os deportes, o xornalismo, etc.

Na miña opinión todos os grupos transmitiron a idea principal do seu proxecto de maneira que o entendera todo o mundo e non se aburriran.

Unha vez rematado este proxecto cos meus compañeiros Andrea e Fran vexo que a pesar de que nos agobiamos moito co traballo para facelo o mellor posible e adecualo aos diferentes cursos de Primaria resultou satisfactorio para mellorar individualmente collendo o mellor de cada un dos compañeiros. Foi un moi bo reto que conseguimos sacar adiante da mellor forma posible

Grazas a todos unha vez máis!!!

RECURSO DE APOIO Á EXPOSICIÓN

Volvemos outra vez!! Últimamente estamos traballando moi rápido e con moita peniña porque isto está a piques de rematar. Na clase de NNTT temos que facer unha presentación na que ensinarlle ao resto de compañeiros e compañeiras a nosa revista dixital.

Para este día creamos unha presentación co programa PowerPoint que nos serve de apoio á exposición de aula e na que plasmamos de maneira sinxela e moi atractiva todo o que queremos contar sobre o proxecto. Está dividida en 4 apartados: hábitos saudables, as TIC en Educación Primaria, a revista escolar dixital e opinión / valoración grupal. Ademais está acompañada de imaxes ilustrativas sobre o tema que tamén se atopan na propia revista. Adxuntamos a presentación para que a vexades xa que nos gusta moito o resultado. E a vós, qué vos parece?

Un saúdo enorme e ata apróxima!


INFORME PROXECTO FINAL

Ola! Despois de ver o noso proxecto (a revista dixital escolar) queremos que vexades o informe de prácticas. 
Nel está explicado de maneira xustificada o motivo que nos levou á elección da temática que xa coñecedes (hábitos saudables) debido á súa importancia. Ademais contextualizamos tamén o propio proxecto no tipo de centro, grupo de idade, etc. no que o levariamos a cabo. A continuación están especificadas unha a unha todas as tarefas realizadas con unha pequena explicación cada unha coas súas características máis salientables e para finalizar unha conclusión en relación ao proxecto e ao grupo. 

Adxuntamos o arquivo para que poidades velo. Un saúdo!




PROXECTO FINAL 

Ola! Aquí estamos de volta o grupo ao completo para amosarvos o que fixemos estes días. De esta vez creamos o noso proxecto: a revista dixital escolar!! Custounos bastante traballiño pero mereceu a pena vendo o resultado.

Como xa sabedes a nosa temática son os hábitos saudables (alimentación, hixiene, deporte e medio ambiente). Por iso dividimos a nosa revista con eses 4 apartados e dentro de cada un existen 4 niveis de dificultade (sendo 1 o máis baixo e 4 o máis alto), que estruturan todas as actividades que fixemos ao longo de estes meses. Ao final hai un apartado coas actividades que tratan sobre varios dos aspectos traballados e que puxemos a modo sorpresa. Para pechar a revista están a nosa caza do tesouro e o póster dixital que tanto nos custou facer pero que nos encanta. Ademais, hai moitas imaxes e debuxos para facela máis vistosa.

Pensamos que a revista é unha maneira creativa de presentar a materia e favorece a aprendizaxe de maneira activa por parte do alumnado de maneira lúdica. Ademais, potencia o uso das TIC na aula dunha maneira adecuada. Esperamos que vos guste e aprendades moito con ela sobre os hábitos saudables que son tan importantes. Podedes vela premendo aquí.

Unha aperta enorme e ata a próxima a todos e a todas!

martes, 24 de abril de 2018

PEQUENO CONTO SOBRE A HIXIENE NO DEPORTE
Moi boas a todos e todas de novo ao noso blogue!!!
Desta vez presentareivos un pequeno texto que escribín para que vos deades de conta que o deporte non é tan siemple como parece e hai moitas cousas que o engloban, como a hixiene ou mesmo a actitude e a roupa.
Está claro que son cousiñas que todos sabemos pero non queda demais volvelo a por para que quede máis claro e así aclararnos as ideas.
Se vos chama a atención e queredes acceder a el só teredes que premer aquí.


Moitas gracias a todos e todas por interesarvos!!!

miércoles, 18 de abril de 2018

ARDORA

Hola a tod@s!!!! Benvid@s de volta a Celanews!!!! Hoxe traiovos dous tipos de actividades distintas creadas a partir de ARDORA. Ambas as dúas céntranse exclusivamente no hábito saudable referido á hixiene.

A primeira delas trátase dunha actividade de relacionar palabras. Existen dúas columnas e as palabras existentes na primeira teredes que relacionalas cas súas correspondentes na segundan para que formen unha oración con sentido.



A segunda consiste nunha sopa de letras. Nela deberedes atopar as palabras agochadas no cadro para poder completar o exercicio. O grao de dificultade desta sopa de letras non é moi elevado, polo tanto non deberíades ter ningún problema.



Espero que vos gusten as actividades que aquí vos amoso. Desfrutai delas e ata a próxima!!!!

martes, 17 de abril de 2018

EDILIM

Moi boas a tod@s! Benvid@s de volta a Celanews!!!! Hoxe presentareivos unha serie de actividades que elaborei con Edilim. As actividades son moi entretidas, considéroas sinxelas e bastante atractivas. Espero que as desfrutedes!!!!

A primeira das actividades ten que ver con relacionar oracións. Nela existen dúas columnas e teredes que arrastrar unhas frases e continuar na outra columna escollendo a oración correspondente para poder resolver o exercicio. 



A segunda das actividades ten que ver con relacionar textos. Nela relacionaredes unha serie de textos que teñen que ver cos hábitos de vida saudable. É similar ó exercicio anteriormente explicado.
Espero que desfrutárades das actividades que elaborei. Ata a próxima!!!!

HOT POTATOES

Benvid@s de novo a Celanews!!!! Hoxe presentareivos unha serie de actividades que elaborei en "Hot Potatoes" e teñen que ver ca nosa temática principal, os Hábitos de Vida Saudable. Espero que vos sexan moi útiles e as desfrutedes!!!!.

A primeira actividade das tres que elaborei chámase JCloze. Consiste nunha actividade na que teredes que adiviñar as palabras relacionadas cos hábitos de vida saudable correspondentes. Neste caso, trátase da hixiene. Disporedes dunha serie de pistas por se vos resulta complicado adiviñar a palabra que se agocha.




En segundo lugar, a actividade que vos presento é JMatch. Aquí, teredes que relacionar unha serie de palabras coas súas respectivas definicións para poder realizar correctamente o exercicio. Neste caso, as palabras que se vos presentan gardan relación cos distintos hábitos de vida saudable.



Por último, a terceira actividade chámase JQuiz. Nela, teredes que seleccionar que tipos de alimentos son considerados beneficiosos para a saúde e cales non.


Tamén vos deixo o enlace a The Masher, un espazo no cal poderedes acceder ás tres actividades mencionadas anteriormente. Poderedes entrar nel clikando aquí.

Espero que vos gustaran as actividades de Hot Potatoes e que desfrutarades moito delas. Ata a próxima!!!!